«Síntome se non un referente do equipo, si un corredor importante»

Míriam Vázquez Fraga VIGO / LA VOZ

VIGO

XOAN CARLOS GIL

O moañés admite que o cambio respecto ao seu anterior equipo é notable, pero xa se ve plenamente integrado

12 may 2016 . Actualizado a las 10:51 h.

Delio Fernández está a vivir unha tempada completamente diferente das anteriores, cun calendario moito máis intenso, nun equipo profesional e atopándose nun gran estado de forma. Demostrouno recentemente co seu sexto posto nos Catro Días de Dunkerque e está disposto a seguir a mesma liña unha vez superados algúns obstáculos en forma de gripes e alerxias.

-¿Como está sendo esta primeira tempada no Delko-Marsella?

-Intensa, sobre todo esta primeira parte. Empecezamos moi cedo en San Luis en xaneiro e desde aquela foi todo correr, correr e correr, con moi pouiño descanso, participando en probas de moita categoría. Destaca a París Niza, onde intentei deixarme ver e así foi, saín cun resutaldo bastante positivo, estando na batalla motios días.

-¿Satisfeito polo momento?

-Si, aínda que tiven pequenos baches no camiño con gripe e alerxias de primavera que fixero difícil o último mes. Malia que de pernas ía ben, tocou asumir un papel máis secundario.

-Pero iso cambiou radicalemente en Dunkerque.

-Sí, no día clave atopeime ben, puiden loitar pola xeral e quedei sexto nunha volta bastante importante. Agora a competitividade é moito maior, compites moitas veces cos mellores e unha vitoria é moito máis difícil, por iso esa posición ten un valor importante.

-¿Síntese protagonista no equipo?

-Ao non ter un corredor referente, é algo que se vai repartindo en función do estado de forma de cada un e do percorrido das probas. Imos alternando. Por exemplo en Dunkerque atopeime ben eu e o equipo deume prioridade, pero se está mellor outro, centrámonos nel. O que si me sinto é un corredor importante no equipo, se non referente, si que dos máis habituais para as carreiras importantes.

-A dinámica do equipo será moi diferente aos anos anteriores, ¿non?

-Moito. Para empezar, o calendario aquí é máis denso e de máis calidade. En Portugal a tempada centrábase case exclusivamente na Volta a Portugal. Aquí está maís cargado de competición e hai que dar o callo máis tempo. É similar ao Xacobeo na forma de traballar, de forma que me colle con certa experiencia e iso foi de gran axuda.

-¿Costoulle a adaptación?

-Síntome xa bastante integrado a pesar da dificultade do idioma. Os compañeiros e o staff técnico axudáronme desde o inicio: eu vou aprendendo francés e eles tamén aprenden algo de español. Todos aprendemos uns dos outros, que é o importante para sacar adiante un proxecto que vive o seu primeiro ano como equipo continental profesional, coa dificultade que iso supón e a intención de participar en probas importantes.

-Coa Volta a España non puido ser. ¿Supúxolle unha decepción?

-Non, non penso que o teñamos que vivir desa maneira nin moito menos. Simplemente non foi posible e xa está. A orgnaización terá os seus motivos a nivel deportivo ou de intereses comerciais e interesouse máis por outros equipos. O que nos queda é seguir traballando e dar motivos para que en próximas edicións conten con nós. A idea do equipo segue sendo estar antes ou despois nunha gran volta.

-¿Que retos lle esperan agora?

-A segunda parte da tempada está máis estruturada. A idea é preparar un par de carreiras por etapas que me poden ir mellor que as clásicas nas que competimos ata agora.

«Queremos que esta sexa a primeira de moitas edicións do Desafío Delio»

Delio Fernández correra o dominngo, rodeado de moitos amigos, a primeira edición da proba que leva o seu nome, o Desafío Delio. Suporalle correr na casa e completar un percorrido deseñado por «alguén cun pouco de maldade»: el mesmo.

-¿Como ese presenta este Desafío?

-Levo dous meses fóra e de primeiras son 20 días na casa para descansar e ademais vivir o que agardo que sexa unha festa do ciclismo. Sempre hai algo de nervios, porque hai moita xente traballando en cada detalle e esperas que todo saia ben, sobre todo porque queremos que sexa unha proba a longo prazo, a primeira de moitas edicións. Temos uns 200 inscritos, parece que vai facer bo día e as expectativas son moi boas.

-¿Esperaba a repercusión que está a ter o Desafío?

-A verdade é que non nos podemos queixar. Todo axuda e ao estar eu nun equipo máis grande e prestar a miña imaxe notouse. Era unha idea que a organización tiña en mente hai tempo e por fin puidemos levala a cabo. O obxectivo é dar a coñecer a zona pola que transcorre e que cada participante afronte un reto acorde coas súas condicións físicas.

-¿Como define o percorrido?

-Pois en Moaña non hai llano. Todos os corredores van ter zonas na que van atopar dificultades, por iso a idea é que sexa un reto para todos e cada un dos corredores que se animen a participar.